Logo do Festival da Trastenda

Xa era hora dun festival coma o Festival da Trastenda. Sempre falamos en Carayeeah de festivais donde os xeneros predominante son o pop e o rock. Ben, pois chegou o momento de falar dun festival donde o punk, cos seus diferentes subxeneros, manda; O Festival da Trastenda.

Será o vindeiro sábado 31 de xullo, na Pobra do Caramiñal, cando se celebre a terceira edición do festival.

Cartel do Festival da Trastenda

Cartel do Festival da Trastenda 2021.

No festival estarán os nosos colegas dos Bar Ban Sónicos, asi como Kings Of The Beach, Copa Turbo, Human e Bule.

Entradas

Entrada libre rapaces. Outro motivo para achegarse a Pobra do Caramiñal.

Onde

Captura de pantalla de Google Maps onde aparece a ubicación exacta do festival
Captura de pantalla de Google Maps coa ubicación do festival

Nas pistas do Lapido, no centro da Pobra do Caramiñal e moi preto do mar.

Cómo chegar

A empresa Monbus ten buses diarios que conectan a estación de buses da Pobra do Caramiñal coa nova intermodal de Santiago varias veces o día. O traxecto tarda entra unha hora e oito minutos e pouco máis dunha hora e media.

Se te queres achegar en coche te levará en torno a unha hora e media dende Coruña, unha hora dende Vigo ou dúas horas dende Lugo.